Finalidades da convocatoria

A Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Aveiro, atendendo á tarefa compartida de desenvolver o congreso virtual internacional para seleccionar aos estudantes participantes no campus de setembro do proxecto Erasmus+e-InnoEduCO2, convócan, apoiados pola colaboración de máis de unha década das súas plataformas de divulgación científica Climántica e Fábrica, o congreso virtual internacional xuvenil CLMNTK22-InnoEduCO2. Este congreso internacional virtual da xuventude ten dous obxectivos principais:

  1. Sensibilizar á poboación, mediante a elaboración e publicación no portal virtual do congreso, de produtos multimedia sobre os retos ambientais globais contemporáneos: cambio climático, enerxía, auga, cambio global no océano, conservación da biodiversidade xenética, ecosistemas tropicais e capital biocultural.
  2. Seleccionar, de acordo coas bases expresadas nesta convocatoria, que son as establecidas na memoria técnica de e-InnoEduCO2, o alumnado que participará no Campus Internacional produto de e-InnoEduCO2 e que pasará a ser o campus 5 de o enfoque metodolóxico desenvolvido por Climantica do Grupo SEPA-intera da USC e Fábrica, Centro e Ciencia Viva da Universidade de Aveiro. Ese campus terá lugar a primeira semana de setembro.

Segue o mesmo proceso para seleccionar o profesorado acompañante. Estes serán os que guiaran a elaboración dos traballos seleccionados individualmente ou en grupo dos seleccionados.

O profesorado acompañante pasará a formar parte do seminario de docencia de investigación-acción no campus acreditado polas organizacións universitarias colaboradoras.

Para o profesorado que traballe en centros españois sostidos con fondos públicos aprobouse a homologación que a Consellería de Educación vén outorgando dende o ano 2015 mediante o seu convenio coa AEPECT e que se realizará segundo o programa expresado na penúltima páxina. Para esta edición xa está aprobada a homologación de 28 horas de formación permanente do profesorado.

CONVOCATORIA EN PDF